Planeta da ESO

Noraboa a Maite Abdalahi polo seu conto!
Deixámolo aquí para que poidades lelo todos.

                                                             O RÍO VALENTE

"O río naceu nunha montaña moi empinada. Encantáballe baixar por ela, porque era como unha atracción, case vertical. Nada se interpuña no seu paso, porque ou o atravesaba, ou o rodeaba. Encantáballe ser un río, e era moi valente.
Un día chegou ás cálidas areas do deserto de África, e como era moi valente decidiu atravesalo. Deuse conta de que o caudal estaba diminuindo. Por un momento pensou en dar a volta, pero non! Non ía a dar a volta. O río non tiña case auga, pero de repente viu ao lonxe algo brillar. Era unha charca, e entón decidiu descansar aí para que fose a súa desembocadura".

                                                                        FIN

                          ---------------------------------------------------------------------------------


Ola planetarios!

"El descubrimiento de la geología de los fondos marinos"

Premendo no enlace podedes acceder ao enlace do vídeo que se puxo na aula o pasado luns. Lembrade que debedes facer un esquema do relevo oceánico situando en cada parte algo que fose explicado no video.

Exemplo: Plataforma continental: hai cañóns que teñen o mesmo tamaño que o Gran Cañón de Colorado.

                                        -------------------------------------------------------------------


Ola a todos planetarios!

Inauguramos a nosa páxina coa publicación da resposta ao noso primeiro misterio!
Lembrade que cando iniciamos a Unidade Didáctica "O planeta Terra" plantexei o enigma "Son as 12, unha hora menos en Canarias, por que?". Todos lograstedes averiguar a resposta, pero Malena foi a alumna que o fixo dun xeito máis completo.

"Debido ao movemento de rotación, nalgúns países é de día e noutros é de noite. Co obxectivo de atopar unha hora oficial para todos os países dividiuse a Terra en 24 faixas. Estas faixas chámanse fusos horarios, e cada un deles equivale a unha hora (a que marca Greenwich é a de referencia). Por esta razón se nos desprazamos cara ao leste hai que adiantar o reloxo tantas horas coma fusos horarios pasemos. Por contra, se nos desprazamos cara ao oeste hai que atrasar o reloxo tantas horas coma fusos horarios queden atrás. Por iso, en Canarias é unha hora menos, porque está situada nun fuso horario ao leste con respecto ao de Greenwich".


Os demáis non vos desanimedes, aínda estamos pendentes de saber se hai terremotos en Galicia!