28 de out. de 2014

Criterios de avaliación.

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

DTO  CIENCIAS  SOCIAIS.


As aprendizaxes do alumno deben ser avaliadas sistemática e periodicamente, tanto para medir individualmente o seu grao de adquisición (avaliación sumativa en diferentes momentos do curso) como para, e por iso, introducir no proceso educativo cantos cambios for precisos se a situación o require (cando as aprendizaxes dos alumnos non responden ao que, a priori, se espera delas). Ademais desa avaliación sumativa, que tendemos a identificar coas finais de avaliación e de curso (ordinaria e extraordinaria, cando procedan), haberá outras avaliacións, como a inicial (non cualificada) e, sobre todo, a continua ou formativa, aquela que se realiza ao longo de todo o proceso de ensino-aprendizaxe, inmersa nel, e que insiste, polo tanto, no carácter orientador e de diagnóstico do ensino.
Os procedementos e instrumentos de avaliación, no caso desa avaliación continua, serán a observación e o seguimento sistemático do alumno, é dicir, tomaranse en consideración todas as producións que desenvolva, tanto de carácter individual coma grupal: traballos escritos, exposicións orais e debates, actividades da clase, investigacións, actitude ante a aprendizaxe, precisión na expresión, autoavaliación... E os da avaliación sumativa, as probas escritas trimestrais e as de recuperación (e final de curso, se o alumno non recuperou algunha avaliación, e extraordinaria, no caso de obter unha cualificación de Insuficiente na ordinaria final de curso).
Como criterios de cualificación para establecer as notas en cada unha das tres avaliacións en que se organizou o curso e na ordinaria final de curso e na extraordinaria de setembro, as probas escritas ponderarán un 70%, os traballos de clase ( exercicios, libretas, traballos tanto individuais como en grupo)  un 20% e as actitudes, comportamento, participación un 10%, é dicir, teranse sempre en conta as cualificacións das actividades realizadas polo alumno ao longo de todo o curso escolar (avaliación continua), coa excepción daqueles alumnos que perderan o dereito á avaliación por un número excesivo de faltas de asistencia á clase sen xustificar, en cuxo caso a cualificación final só terá en conta a nota da proba escrita. Esta múltiple ponderación responde ao feito de que se pretende avaliar, é dicir, medir, todo tipo de contidos que se traballaron na clase ao longo do curso (conceptuais, procedementais e actitudinais). Os alumnos serán informados destas decisións a principios de curso.

Puntuacións:
Examen escrito de contidos 70%.
O examen puntuará sobre 7, o aprobado será o 3,5.
Farase media a partir de 3.
Traballos, exercicios en clase, libretas 20%
Traballos 1pto.
Libretas 0,5 ptos
Exercicios diarios 1 pto.
Actitude, participación en clase, comportamento 0,5 ptos.
Os alumnos e as familias serán informados destas decisións a principio de curso.
- Outros criterios de cualificación establecida por este Departamento:

Respecto ás probas escritas ou orais:
Cumprirá acadar polo menos a cualificación de 3,5 ( sobre 7) nas probas parciais para poder acadar a cualificación de Suficiente na avaliación.
Para facer media terán que acadar un mínimo de 3 na proba escrita
Incorrer en faltas de ortografía grave pode supor, en especial, a perda da cualificación de sobresaíente.

Será preciso aprobar todas as avaliacións para poder superar esta materia.
Respecto á actitude e comportamento: As faltas de atención graves (especialmente se producen unha alteración no desenvolvemento da clase) supón unha cualificación negativa.


Respecto á recuperación
: Cada avaliación terá unha recuperación, a excepción dos alumnos que deixen o examen en branco. Os alumno/as que suspendan algunha avaliación poderán recuperara en xuño.

Previsión de sucesos:
Os alumno/as que durante o exame copien ou alteren o contido do mesmo terán que examinarse en xuño da avaliación correspondente. Deberán examinarse, en todo caso, dos diferentes parciais para asegurar o seguimento do proceso de aprendizaxe.

Recuperación dos alumno/as que promocionen a outros cursos con esta materia pendente: Serán os profesores dos cursos aos que promocionen os alumno/as os que se encarguen da recuperación da materia pendente. A este respecto establécese o seguinte:

1º. A materia dividirase en dúas partes das que os alumno/as teranse que examinar en dúas probas. A achega das cualificacións dos exames á nota final será de 70%. As datas aproximadas destas probas coincidirán co meses de maio.

2º. Ademais, coincidindo co momento de realizar estas probas, os alumno/as deberán entregar os exercicios e tarefas que o profesor/a lles sinale previamente.
A achega da cualificación dos exercicios á cualificación final será do 30%.

. - Garantías de obxectividade:
1. Información sobre calendario e contidos das distintas probas: Os
alumnos/as estarán informados dos contidos das probas, as datas de
realización e a valoración de cada unha das súas preguntas.
2. As probas escritas mostraranse aos alumno/as unha vez corrixidas e
puntuadas.
3. Os cadernos e traballos poderán ser revisados e puntuados polo profesor/a
cando este considéreo necesario.
4. Exercicio do dereito a reclamar: as cualificacións poden ser reclamadas seguindo o procedemento que para iso estableceuse


20 de out. de 2014

Benvidos ao Blog de sociais

Ola a todos, inauguramos o blog de socias! 

Para facilitarvos o acceso á información direivos que o blog está estructurado en dous bloques: as páxinas e o blog. 

Hai unha páxina para cada curso da ESO, onde iremos subindo información de interese para esas aulas de xeito individual. Os alumnos de 1º da ESO denominaron a súa sección Planeta da ESO, e os de 2º da ESO denominaron á súa O estante da sabedoría. Os alumnos de terceiro e cuarto da ESO teñen unha páxina tamén, denominadas 3º da ESO e 4º da ESO.

A parte do blog é o apartado denominado "Caderno de Sociales", onde iremos subindo información de interese para todos. Esta sección ten os seus contidos clasificados por "etiquetas", unhas palabras clave que nos dirán a temática principal da publicación, de xeito que cando vaiamos acumulando información poderedes ir directamente ás publicacións da temática sinalada na etiqueta. As etiquetas están clasificadas á dereita.

Contades tamén cun buscador na primeira páxina para buscar información sobre publicacións anteriores, e un enlace a Wikipedia.

Á dereita da pantalla aparecen os enlaces aos outros blogs do centro, para que poidades acceder a eles dende o noso.

Agardamos a vosa participación nesta nova ferramenta e animámosvos a contactar connosco a traves do formulario que aparece na páxina principal.

Saúdos a todos, vémonos nas aulas!