O estante da sabedoría


Ola sabios!

Déixovos aquí os enlaces ás presentacións feitas na aula.


Unidade 1: Bizantinos e carolinxios

Unidade 2: O Islam e Al- Ándalus.

Unidade 3: A Europa feudal

                          -------------------------------------

Ola sabios!
Deixovos aquí a imaxe que debedes comentar e as pautas. Deberedes entregarme a ficha o próximo venres 21 de novembro.



Elementos que deben aparecer na ficha da obra arquitectónica:

Tipo e función: igrexa, castelo…
Materiais empregados: pedra, ladrillo…
Tipo de planta: basilical, cruz grega…
Elementos sustentantes e sustentados:
-Sustentantes: soportan a construción (muros, columnas…).
-Sustentados: son sostidos por outros (arcos de medio punto…).
-Cubertas: a dúas augas, bóvedas e cúpulas.
Época na que se construiu: contexto.
Estilo artístico: estilo ao que corresponde a obra (bizantino, carolinxio…).
     
                          --------------------------------------------------------------------------------



Os alumnos de 2º da ESO xogástedes a imaxinar como sería un día da vosa vida se vivisedes no Imperio Bizantino. Todos o fixéstedes xenial, pero nesta ocasión foi Roberto o agasallado coa publicación do seu traballo. Non vos desanimedes, faremos máis e teredes máis oportunidades!

Un día no Imperio Bizantino

Eu son un soldado do Imperio Bizantino. O gran Imperio Bizantino entrou en decadencia e estamos perdendo progresivamente os territorios. O Imperio quedou reducido a Constantinopla, Asia Menor e Grecia.
Levántome ao amencer nun campamento de Asia Menor. Póñome a armadura e o casco e comezo o día. Debido ás loitas polo trono, os turcos otománs están intentando conquistarnos. Póñome na miña posición de combate e miro o panorama. Nós somos un gran exército, aínda que moitos dos soldados son mercenarios, fortes e ben armados. Vexo chegar o exército inimigo e comeza a batalla.
Os turcos supérannos en número e son máis poderosos. Cada vez acantoannos máis. Os soldados agrupámonos nunha posición defensiva e retirámonos.
Trala batalla, chegou o carro coa comida dende a retaguardia. No carro só había un pouco de pan con queixo. Reunímonos os superviventes da batalla a comer, que cada vez somos menos. Despois regresamos á batalla nunha posición defensiva, para manter aos turcos a raia.
Mentes loitabamos vimos a posta de sol e como escurecía.
                                                       
                                                           Roberto Tato Lage



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.