4º da ESO


COMO SE ANALIZA E COMENTA UN TEXTO HISTÓRICO.


1º ANÁLISE:

a-      LER  devagar, aclarando, có diccionario, todos os termos, expresión ou conceptos descoñecidos ou que ofrezan dúbidas. (escribilos na libreta).

b-      Fixarse no TIPO DE TEXTO:

·         Primario, cando o texto é da época dos feitos que se relatan.
·         Secundario, obras de historiadores, literarias, artigos revistas, etc que tratan de acontecementos de tempos pasados.
·         Segundo sexa o seu contido pode ser: político, económico, social, artística, etc.

c-      SUBLIÑAR as palabras que indiquen as ideas básicas.

d-     FACER  ANOTACIÓNS á marxen que aclaren conceptos ou suxiran ideas relacionadas que se expoñerán no comentario.

e-      Elaboración dun ESQUEMA, que organice as ideas ( división do texto en partes, cada unha coa súa idea principal).

2º COMENTARIO.

Consiste en elaborar unha redacción que recolla de forma ordenada as ideas do texto e a información relacionada con el (contexto), de modo que se demostren os coñecementos adquiridos sobre o tema.

a-      Introducción, Presentación do texto:

·         Situación cronológica.
·         Situación xeográfica.
·         Autor e destinatario. Breve referencia , se se coñece, ao autor ou institución que elaborou o texto e a quen se dirixe.
Así mesmo, pódese explicar, con que motivo escribe o autor un texto determinado.

b-      Comentario / contexto, destacando as ideas do texto  para relacionalas con outras vinculadas a un contexto máis amplo.

c-      Conclusión, redactada nun párrafo breve no que valore, a modo de resume, a
Relevancio do documento para o coñecemeto dunha etapa, acontecemento, persoaxe, etc, da historia.

3º ERROS MÁIS FRECUENTES.

  1. Parafrasear, é decir, repetir, con outras palabras o que dí o texto sen aportar nada novo.
  2. Escaparse, centrando o comentario en aspectos que non están directamente relacionados coas ideas e información que proporciona o texto.
  3. Tomar o texto como pretexto, que o comentario se converta nunha exposición de coñecementos sen facer referencia ás ideas concretas do texto.
Falta de organización das ideas comentadas.

ASPECTOS FORMAIS QUE HAI QUE COIDAR:

  • Presentación.
  • Ortografía.
  • Letra
  • Expresión
  • vocabulario